RESUMO DO MÓDULO 3 MARCO INSTRUMENTAL

Por Dolores Fraga Sánchez

INTRODUCCIÓN


Neste módulo, último do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, se aborda o marco instrumental da Orientación, o que significa que se explican polo miúdo as principais funcións da Orientación Laboral.

A abordaxe destas funcións non se podería facer, de maneira óptima, sin ter tratado anteriormente o Marco Conceptual (contenido teórico necesario para coñecer os fundamentos da profesión) e o Marco Persoal (céntrase nas competencias necesarias que debe ter un bo profesional da orientación laboral, incluíndo nestas competencias as dixitais), tal e como se fixo nos anteriores módulos impartidos.

Este módulo consta de 6 temas referidos ao traballo na Orientación laboral, que iremos vendo a continuación.

1. INTERMEDIACIÓN LABORAL


Este tema comeza facendo un breve repaso polo modelos de intervención en Orientación Laboral, xa tratados anteriormente, que serían:

- Modelo didáctico
- Modelo de asesoramento
- Modelo centrado en recursos
O importante é saber combinar os modelos de forma flexible en complementaria.

En España non hai un marco metodolóxico determinado para a Orientación Laboral, aínda que desde o Plan Nacional de Acción para o Emprego consolídase a atención individualizada como a máis adecuada para desevolver a orientación Profesional. Esta atención permite a recollida de información necesaria para elaborar conxuntamente coa persoa orientada o Itinerario Personalizado de Inserción Profesional. O que no é incompatible coa participación en tallleres grupais de Recursos Personais e de Búsqueda de Emprego

As tendencias actuais da Orientación Profesional na UE van na dirección de concebila como un proceso contínuo que se inicia nas primeiras idades (centrándose no ámbito educativo) e remata ao final da vida (ámbito laboral e social), o que sería unha orientación continuada, contando coa participación activa da persoa orientada.

Os principios nos que debe basearse a orientación laboral serían:

1. Individualización
2. Flexibilidade
3. Desenvolvemento/ busca da autonomía

Trátase a atención á diversidade: igualdade e inclusión social, vendo os factores que dificultan o acceso ao emprego, tanto os relacionados cos obstáculos existentes na sociedade como as dificultades propias das persoas que están en situación de vulnerabilidade. Así como acceso ao emprego como factor fundamental de integración social.



2. ITINERARIOS DE INSERCIÓN


Os itinerarios de Inserción naceron ligados á inserción sociolaboal dos colectivos con maiores dificultades, hoxe se ampliada a súa utilización a toda a poboación debido aos grandes cambios que se producen no mercado laboral.

O itinerario de inserción é un conxunto de accións organizadas con fin de conquerir a inserción laboral e o desenvolvemento profesional das persoas orientadas. Está composto por tres fases:

1. Diagnóstico personalizado
2. Intervención orientadora
3. Supervisión e avaliación contínua.

O itinerario ten un carácter pedagóxico, e durante o mesmo a persoa orientada incorpora coñecementos, valores e habilidades útiles para desenvolverse na vida e relacionarse coa contorna e consigo mesmo.

Esquema para a elaboración dun Itinerario

3. PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDAS NA TOMA DE DECISIÓNS


Nun principio neste tema de aborda a entrevista de selección e de como a debe de afrontar a persoa orientada, as pautas que debe seguir e cómo a debe preparar. Neste tipo de entrevista o entevistador ten que averiguar si o candidato SABE, PODE e QUERE o posto de traballo e o entrevistado ten que demostrar que SABE, PODE e QUERE desenvolver o posto de traballo.

Danse pautas de comunicación verbal como preparar as respostas e a forma de expresalas, a reformulación positiva, evitar o tuteo, comentarios positivos de intereses, metas e afeccións
Regras de comunicación non verbal, como forma de vestir, hixiene, dar a man, expresión facial, sorriso, contacto visual, postura corporal, xesticulación das mans, etc.



Se fai unha abordaxe das partes da entrevista:

1. PRESENTACIÓN
2. DESENVOLVEMENTO
3. PECHE

Tamén se explica a Entrevista de Orientación Laboral, cal é a información a conquerir, que se pode agrupar en dous grandes bloques:

- Información relacionada coas competencias profesionais
- Información relacionada coas características presonais.

Esta información permitirá valorar cal é a posición que cada persoa ocupa en relación co emprego e polo tanto, cales son os aspectos sobre os que hai que incidir na construcción do seu Itinerario Personalizado de Inserción.

A parte final do tema está dedicado á Orientación Laboral na Unión Europea, onde en cada país de aborda de forma distinta, existindo tantos modelos como paises.

4. ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO


ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS


Unha das labores fundamentais da Orientación Laboral é o coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características que definen cada unha das ocupacións, todo esto permite ter un coñecemento sobre as demandas do mercado laboral, e as posibilidades de ocupación.

É necesario que a persoa orientada aprenda a buscar información en diferentes fontes sobre ocupación co fin de identificar cales son as principais características que ofrecen e demandan no posto de traballo.

Se establecen os pasos para guiar á persoa orientada na análise dos perfís profesionais, tamén se pode facer en grupos que estean interesados en coñecer as mesmas ocupacións:

- listar fontes onde buscar información (ofertas laborais,certificados de profesionalidade, fichas profesionais...)

- buscar e recoller información pertinente, ten que ter uns campos concretos como descrición da ocupación, funcións e tarefas, espazos onde se realiza a ocupación, formación e certificados, idiomas e informática, tecnoloxías ou ferramentas utilizadas, outras ocupacións relacionadas, condicións laborais

- valorar intereses e motivacións, é importante facelo conxuntamente o orientador e a persoa orientada

- análise funcional e transferencia das competencias, que sería identificar as competencias requeridas para unha determinada ocupación.

O mundo está a cambiar cada vez máis rápidamente, e con el o mercado laboral, polo que aparecen continuamente novos perfís profesionais, parece que, sengundo un estudo reciente de ADECCO nos enfrontamos a conceptos como:

- globalización
- novos formatos e horarios
- retención do chamado talento
- claro aumento da fenda entre a oferta e demanda
- potenciar habilidades comunicativas a todos os niveis



PROSPECCIÓN EMPRESARIAL


A prospección de empresas pode ir orientado a coñecer os postos de traballo que conforman a estructura empresarial (oferta de emprego) e tamén pode ir orientada a coñecer os perfís profesionais de determinados colectivos de desempregados (oferta).

A prospección é unha ferramenta básica que permite ás entidades mellorar o coñecemento da realidade empresarial, detectando necesidades, permite estudar a incidencia e consecuencia de cambios tecnolóxicos no emprego e na formación, e á toma de decisión en canto ás políticas activas de emprego.

Ás empresas, a prospección permite o coñecemento dos recursos humanos dispoñibles, detectar necesidades cuantitativas e cualitativas de novos postos de traballo, determinar as actividades e tarefas a desenvolver dentro de cada posto, identificar perfís profesionais baseados nas competencias esixibles.

As fases da prospección son :

1. FASE PREPARATORIA
2. FASE DE PLANIFICACIÓN
3.FASE DE TRABALLO DE CAMPO
4. FASE DE AVALIACIÓN E SEGUIMENTO

Fontes de información para a prospección:

SEPES
Solo industrial en Galicia
Instituto Galego da Vivenda e Solo
Xestur Galicia
Directorio de empresas de Galicia
Directorio de Cámaras de Comercio

O maletín do prospector, son os intrumentos necesarios para levar a cabo a prospección de empresas:

- Relación dos datos que fai falta xestionar sobre as empresas
- Guión para a preparación das visitas
- Modelo de carta de presentación- mail para as empresas
- Dípticos e pósteres informativos




5. TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO


O obxectivo principal e dar a coñercer á persoa orientada os instrumentos e que adquira as habilidades para a procura de emprego activa, organizada e planificada, así como coñecer os recursos teóricos prácticos básicos para afrontar os procesos de selección. Se pode facer de forma individual ou grupal, sempre dependendo do perfil das persoas orientadas.

Existe unha grande variedade de canles por onde circulan as ofertas de emprego, que se poden agrupar en:

- Bolsas de taballo
- Prensa xeralista e especializada
- Convocatorias de emprego público
- Intermediarios entre oferta e demanda
- Autocandidatura
- Networking

Neste tema se fai unha ampla exposición dos tipos de Currículo e de cartas de presentación.

A Entrevista de selección está recollida explicando os tipos:

- Segundo o número de entrevistadores, individual, múltiple e de grupo
- Segundo o método utilizado, dirixida, libre e mixta
- Segundo o enfoque utilizado, curricular, por competencias
- Segundo o estilo utilizado, conciliadora e agresiva

Faise un percorridos polas probas de selección, piscotécnicos e dinámicas grupais máis utilizadas




Neste tema se dan unha serie de recursos para ofrecer un bo asesoramento en caso de que a persoa orientada opte polo autoemlprego:

IGAPE
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Rede EUSUMO

6. PLAN DE EMPRESA


Cada vez é máis frecuente que na Orientación Laboral haxa persoas orientadas que queren acceder ao mercado laboral por medio do autoemprego e a creación dunha empresa, polo que é necesario contar coas competencias necesarias para poder asesorar nestas tarefas.

Un plan de empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea incial con que vai por en marcha a súa propia empresa, nel se pon e evidencia que a persoa emprendedora se toma en serio o seu proxecto e que está capacitada para asumir o reto de poñelo en marcha.
As partes que pode ter serían:

- Portada
- Índice
- Desenvolvemento dos contidos

ESTUDO DE MERCADO


A análise do mercado é necesaria para prever a resposta dos consumidores.
Hai que ser  moi preciso cando se pensa na actividade á que se vai dedicar a empresa, toda empresa ha de partir de concibir a actividade á que se decida como "produción de satisfaccións" (satisfacción de necesidades).

É necesario saber cómo é o mercado no que vai a operar, para saber as claves que lle permitirán planificar aspectos tanto técnicos como económicos.

Tamén é necesario coñecer ao resto das empresas que concorren ao mercado no que a empresa se pretende instalar.

Fases do estudo de mercado




A mercadotecnia é proceso de planificación e execución da oferta, fixación do precio, promoción e distribución de ideas, bens e servizos para lograr intercambios que satisfagan os obxectivos dos consumidores e das organizacions que o realizan.

Segmentar o mercado é dividilo en diferentes submercados (segmento de mercado) integrados por consumidores que presentan características homoxéneas en gustos, preferencias ou hábitos de compra.

Por estratexia enténdese o conxunto de accións defensivas, ofensivas ou neutras que desenvolve a empresa para facer fronte á competencia e lograr unha vantaxe competitiva que lle permita alcanzar o éxito desexado



PARA SABER MÁIS:

Portal do Ministerio de Traballo
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Fundacion Tomillo
Educaweb
Guía de Prospección de Empregos








Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE