REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3



Neste módulo recolle a explicación dos diferentes modelos de intervención tales como o  Asesoramento, o Modelo didáctico e centrado nos recursos dentro da orientación laboral. Según a situación que se dea, manexaremos un ou outro clasificando o  tipo de persoas ás que teñamos que orientar.
O exercicio da orientación laboral basease en 3 principios: a individualización, a flexibilidad e o desenrolo  da autonomía da persoa orientada.

Toda esta información é de gran importancia cando se orienta sobre todo a colectivos vulnerables ou en risco de exclusión social. Se queremos conseguir un alto porcentaxe de éxito tamén sería importante traballar co  entorno familiar e co entorno empresarial. Para esto debemos traballar coa colaboración e cos recursos públicos existentes.

O modelo de intervención traballa con 4 elementos básicos:
-  a entrevista como técnica básica de atención/intervención individual.
- un sistema facilitador de inserción que ordena e relaciona os principais contidos ou materiais que configuran a tarefa dos orientadores.
- unha  estratexia centrada nos recursos do usuario.
- unha metodoloxía basada en itinerarios nos que a persoa é a protagonista e a responsable do seu propio proceso.


¿CÓMO COMEZAR A ORIENTACIÓN LABORAL?

A orientación laboral comeza cunha entrevista inicial, na que o orientador recopila información do/a usuario/a analiza a súa situación, coñece os seus intereses formativos e laborais ademais de proporcionarlle información sobre os intereses da zona e analiza as actitudes e expectativas á hora de buscar emprego.

O que se vai tratar ca entrevista é: 

- Incrementar o nivel de autonomía á hora de búsqueda de emprego activo
- Incrementar a motivación dos/as usuarios/as.
- Elaborar e poñer en práctica as estratexias mais viables para a búsqueda de emprego.



TEMA 12. OS ITINERARIOS DE INSERCIÓN LABORAL

Defínese itinerario como un conxunto de accións organizadas, fálase dun proceso continuo o cal busca o desenrolo de habilidades e competencias para mellorar a empregabilidade. Está composto por tres fases: Fase de Acollida, Diagnóstico Personalizado de Empregabilidade e Evaluación Continuada.







Os/as orientadores/as e técnicos/as de emprego son as/os que se encargan de asesorar ao demandante de emprego e que se leven a cobo as accións propostas.



TEMA 13. PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓN.

A entrevista é un instrumento que se emprega para obter información do/a entrevistado/a, darlle asesoramento e como medio de selección de persoal.
Podemos encontrar diferentes tipos de entrevista, según o número de participantes pode ser individual ou colectiva. Tamén se divide por competencias. En todas débese coidar tanto o que se di e como se di.
Débese traballar a comunicación verbal e non verbal.

  Unha das funcións principais do/da entrevistador/a é valorar ata que punto esa persoa sabe, pode e quere realizar as tarefas do posto ofertado.                


 


                                    

TEMA 14.- ANÁLISIS DE PERFIS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO

O/a orientador/a laboral ten que ter claro o posto de traballa ao que van optar para informar ben á persoa desempregada. O/a usuario/a debe ter en todo momento un papel activo e participativo.

Á hora do proceso de búsqueda de información sobre o posto de traballo, débese facer un análisis funcional do posto, o cal nos valerá para ir enfocando a orientación para que o/a usuario/a profundice nas competencias laborais e así coñecer ese posto que demandan.    

                                      

TEMA 15. TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO

Son variados os canles dispoñibles para a búsqueda de emprego. Tanto en bolsas de traballo, como en prensa e convocatorias de emprego públicas. As novas tecnoloxías axúdannos con novos e eficaces recursos na búsqueda de emprego.

A principal ferramenta para a búsqueda de emprego e o noso Currículu Vitae. Á hora de elaboralo debemos ter en conta a estratexia AIDA: chamar a Atención; suscitar Interés; fomentar o Deseo e conseguir a Acción. Tamén existen diferentes modelos de CV, podemos señalar por orde Cronolóxica, por Funcional,e por Competencias. O  CV é importante acompañalo de unha carta de presentación personalizada na que destaquemos os nosos puntos fortes e competencias  por as cales resultemos ser os/as candidatos/as idóneos/as.
                                                                    

  
TEMA 16.- ELABORACIÓN DO PLAN DE  EMPRESA

.                                                   




É posible que nalgúns casos o/a orientador/a se encontre con que ten que asesorar a persoas emprendedoras que queren acceder ao emprego mediante a creación dunha empresa propia.

Un plan de empresa é un documento onde o/a emprendedor/a busca dar forma a idea ou concepto inicial co que vai poñer en marcha o seu negocio.


VALORACIÓN PERSONAL:

Este módulo, na miña opinión, é o mais importante á hora de posta en marcha do labor profesional como orientadora laboral. Nel toca os temas que imos ter que poñer en marcha cada día no noso traballo con usuarias e usuarios. 


Para saber mais:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación profesional de @miriamhammett

Reflexión sobre o PLE - Ferramentas Feedly e Scoop.it