REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE

Dolores Fraga Sánchez

O PLE

O PLE é o Espazo Persoal de Aprendizaxe dunha persoa, onde facemos uso dunhas ferramentas (redes sociais, blogues, contornas para compartir información...) que nos axudan a manexar uns recursos (as fontes de información) para poder manternos actualizados nos temas que son do noso interese (profesional, persoal, ocio..) e, ademais nos permite compartilo coas persoas que están interesadas no mesmo tema. Dunha forma máis entretenida se explica no seguinte video





Para min foi un decubrimento en todos os sentidos, dado que non tiña moita experiencia no manexo das redes sociais, de feito o seu uso me provocaba certo recelo, eu creo que debido a algunha das posibles consecuencias negativas como a perda da intimidade, excesiva exposición de datos persoais, etc.

A raiz de facer un achegamento a elas obrigada polas "circunstancias", me din conta de que as redes sociais son como casi todo nesta vida, dependendo do uso que se faga delas poden chegar a se moi útiles e facilitar moito as cousas.

IMPRESIONS DE FEEDLY E SCOOP.IT


Tendo en conta que nun curto espacio de tempo me din de alta en Twitter, empecei a utilizar un Blog, estou aprendendo a utilizar Feedly e Scoop.it, así como completando o meu perfil en Linkedin, ademais que facer a miña tarxeta de presentación en About.me, a miña reflexión persoal sobre o meu PLE é un pouco precipitada, porque aínda non controlo ben todas as ferramentas, o que sí teño claro e que despois do agobio inicial de empezar con tantos frentes xuntos, agora atisbo as grandes ventaxas que teñen utilizándo correctamente.

Feedly

 A miña experiencia co Feedly está sendo moi positiva, polo de agora teño as páxinas que sigo estructuradas en tres bloques: Boletines, Empleo e Noticias, segundo vou gañando soltura doume conta de que teño que perfeccionar a selección das páxinas, pero xa me sirveu para darrme conta das grandes posibilidades desta ferramenta.



Scoop. it

En canto a Scoop.it, o meu avance vai mais lento, teño creado un "Topic" de Orientación laboral, necesito votar máis tempo con ela pero ten moitas posibilidades para atopar información sobre un tema concreto. En vez de buscar as noticias, elas te buscan a tí. Está sendo un decubrimento



 En resumo, a infomación que circula por internet é infinita, e unha maneira de poder manexala sin morrer no intento é utilizar as ferramentas que a propia web nos pon diante

Para saber máis:
Los datos nunca duermen
Tutorial Scoop.it paso a paso
Cómo realizar un PLE







Creative Commons License

This work is licensed under a Creative Commons Attribution 4.0 International License.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett