Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como mercadolaboral

Notas sobre orientación e emprego

Imagen
Na actualidade a falta de emprego é un dos problemas máis agudizados e que afectan a numerosos persoas e familias, sendo considerado como o principal elemento de integración na sociedade, como vía fundamental para conseguir recursos económicos e un marco determinante das relacións sociais. Un valor configurador da realidade social de cada individuo. Estar inserido no mercado de traballo é un elemento (case) condicionante da propia inclusión e vida social , na idea de que sobre o emprego configúranse moitos dos aspectos da actividade persoal, prof esional e vital da cidadanía. Para moitas persoas o traballo supón un acervo de identidade, un recurso para formar parte dunha dinámica ou estilo de vida, para sentirse membros partícipes da sociedade. Neste sentido, a perda do emprego pode supoñer un illamento social, pois leva consigo unha diminución dos ingresos económicos, unha redución de relacións sociais, consecuencias negativas a nivel persoal, como pode ser un aumento de...

Resumo do Módulo I "Marco Conceptual da Orientación Laboral"

Imagen
Resumo do Módulo "Marco Conceptual da Orientación Laboral". Por M. Dolores Fraga Sánchez. O módulo I "Marco Conceptual" abarca cinco temas que enmarcan a Orientación Laboral cos coñecementos técnicos necesarios para ter unha mirada completa. TEMA 1 MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO Está formado polo: - Servicio Público de Emprego Estatal SEPE , que se ocupa da creación, desenvolvemento e seguimento das políticas de emprego. Garantir a igualdade de acceso aos servicios, a cohesión social e a complementariedade entre a unidade de mercado e a diversidade territorial. Se encarga das políticas pasivas de emprego. - Servicio Público de Emprego de Galicia SPEG , que leva a cabo as políticas activas de emprego en Galicia, conta con estructura propia e Entidades colaboradoras. Está integrado no SISPE . Políticas Activas: programa de medidas de orientación, emprego e formación co fin de mellorar as posibilidades d...