REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE
Dolores Fraga Sánchez O PLE O PLE é o Espazo Persoal de Aprendizaxe dunha persoa, onde facemos uso dunhas ferramentas (redes sociais, blogues, contornas para compartir información...) que nos axudan a manexar uns recursos (as fontes de información) para poder manternos actualizados nos temas que son do noso interese (profesional, persoal, ocio..) e, ademais nos permite compartilo coas persoas que están interesadas no mesmo tema. Dunha forma máis entretenida se explica no seguinte video Para min foi un decubrimento en todos os sentidos, dado que non tiña moita experiencia no manexo das redes sociais, de feito o seu uso me provocaba certo recelo, eu creo que debido a algunha das posibles consecuencias negativas como a perda da intimidade, excesiva exposición de datos persoais, etc. A raiz de facer un achegamento a elas obrigada polas "circunstancias", me din conta de que as redes sociais son como casi todo nesta vida, dependendo do uso que se faga delas poden chegar...