REFLEXIÓN MÓDULO III


MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

Saber ser, saber estar e saber facer e imprescindible nun Orientador. A persoa orientada terá dúbidas e polo tanto é preciso saber cal será a mellor técnica e medio para axudal@.

Para a intervención valémonos duns modelos que nos facilitarán a tarefa:

-Didáctico
-Asesoramento
-Centrado en recursos

Todo isto baixo os principios de: Individualización, Potenciación da autonomía persoal e Flexibilidade.

Denomínanse ITINERARIOS DE INSERCIÓN aquelas accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico. Non todas as persoas son iguais e as súas circunstancias tampouco. Telo moito en conta. Os obxectivos destes Itinerarios é a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional das persoas orientadas que participan no mesmo, especialmente mediante a información e asesoramento individual e grupal e ca participación doutras áreas.

IPI - Fases

Acollida: primeira toma de contacto e benvida da persoa orientada. 

Orientación: acompañamento.

Formación: mediante a cal adquirense ou reforzase competencias para aumentar as posibilidades de empregabilidade.

Intermediación: inclúese a prospección de ofertas de traballo

Ocupación/Emprego: acompañamento que se realiza no posto de traballo os inicios. Moitos centros o denominan ECA . Empleo con apoio

Peche: prodúcese o final e pode ser por inserción sociolaboral, baixa voluntaria, ou falta de implicación do usuario.

Resultado de imaxes para Fases de un IPI ITINERARIO PERSONAL DE INSERCION 


PROCESOS INDIVIDUAIS DENTRO DA ORIENTACIÓN

O instrumento máis común e utilizado é a ENTREVISTA DE TRABALLO. Poden ser dirixidas, semidirixidas ou grupais. Empréganse para asesoramento do orientado e para a selección de persoal. 

Moi importante a existencia da empatía e o feedback recíproco. É dicir, debe de existir plena conexión entre orientador e orientado, intercambio de calquer tipo de información por moi insignificante que nos pareza. Calquer dato do orientado en canto o seu Currículo, pode ser unha grande axuda para dirixilo polo camiño correcto. 

ANÁLISIS DO PERFIL PROFESIONAL DO ORIENTADOR

Fundamental para unha boa orientación, o perfil analítico dos orientadores e imprescindible coñecer o texido empresarial do seu entorno. Sectores da comarca, postos de traballo, funcións, etc.

E recomendado e casi diría que obrigado, que sexa a persoa usuaria a partícipe directamente da búsqueda de emprego o información de formación. Non debemos dar todo feito. Hai que fomentar un papel activo e participativo. 

PROSPECCIÓN LABORAL

Cómo lograr unha prospección eficiente e con bos resultados non é doado. Para indicalo sinselamente, dividiremos en fases todo o proceso:

-Preparatoria: obxetivo da prospección. Ter en conta o colectivo co cal traballamos e os logros a conseguir.

-Planificación: recopilación de información de empresas, creación de bases de datos, preparación de material de difusión e presentación da entidade, etc

-Traballo de campo: básicamente consiste en visitar empresas, intermediación laboral cas empresas.

-Evaluación e seguemento: análisis de toda a información recollida na visita, os resultados, anotacións, rexistrar en axendas próximas visitas para non caer no esquecemento.


O SEPE especifica claramente no seu artículo 9 da súa Carteira Común de Servizos:


FERRAMENTAS PARA O ACCESO O EMPREGO E AUTOEMPREGO

-Carta de presentación
-Currículo Vitae
-Entrevista de Selección
-Probas de psicotécnicos
-Canles de búsqueda de emprego
-Ferrementas 2.0
-Videocurrículum

Neste enlace veredes suxerencias sobre cómo facer un bo Currículo Vitae:



PLAN DE EMPRESA

O plan de empresa será feito a aquelas persoas emprendedoras, as que desexen traballar por conta propia e "montar" un negocio. Daremos unhas pautas e orientación básica para dirixilos os organismos especializados nelo. Exemplo AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo) ou na Oficina do Empregador nas diferentes provincias Galegas.

O plan de empresa describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financieira do mesmo. Marca todos os procedementos e estratexias para converter a oportunidade nun proxecto empresarial.

Require os seguintes pasos:

- Estudo de mercado
- Análisis DAFO
- Variables da mercadotécnia
- Segmentación do mercado e estratexia
- Previsión de vendas
- Análise financiera - económica.

Nun mercado moi cambiante, o orientador é o responsable de permanecer actualizado en canto as ferramentas actuais de mercado a amosar os orientados.




REFLEXIÓN PERSOAL DO MÓDULO III

Enfocado o Servizo Público de Emprego de Galicia, explica cómo actuar nunha entrevista de traballo mediante a posta en práctica nos diferentes talleres realizados nas clases presenciais. Quizais faltou tempo para profundizar no IPI, proceso descoñecido por min ata o día de hoxe.

Igualmente botei en falta máis horas de práctica http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-hay-trabajo/aqht-consultafarmacia/3928580/a prospección, a cómo levala a cabo.

Considero este módulo o máis importante dentro da Orientación, polo seu contenido e aplicación dos mesmos. Orientar, Asesorar, Prospectar, Xestionar, Informar e interactuar cas múltiples ferramentas existentes non é doado.

Entendo que con este módulo adquirimos a base duns conceptos e procedementos que se aprenden e melloran a vez que traballemos con eles.


Para saber máis:

Elementos clave da Orientación

Prospeción na Coruña

Exemplo de Orientación










Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE