OS PROCESOS DE SELECCIÓN


RESUMO DA SESIÓN DO MÓDULO 3- Venres, 10 de novembro de 2017

GRUPO 3:
MIRIAM SAMPAYO
ANA EIRIZ
JARED VILLAVERDE
DOLORES FRAGA

PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSONAL: A ENTREVISTA DE TRABALLO E AS DINÁMICAS GRUPAIS. A ENTREVISTA DE SELECCIÓN DE PERSOAL POR COMPETENCIAS



En esta sesión vimos cómo preparar unha entrevista para un proceso de selección. Empecemos por explicar que é unha dinámica de grupo.

Trátase de técnicas de discusión verbal para así debatir sobre algo ou para resolver algún problema pero nun periodo de tempo determinado. En 30/40 minutos, pero sempre respetando o turno do resto de compañeiras/os.

As dinámicas máis recurrentes  son o Foro, a Mesa redonda, o Debate, o Panel e a Tormenta de ideas.

As tres primeiras consisten en que varias persoas discuten acerca dun tema, así cada un escoita o punto de vista do outro/a. Tamén se pode valorar a capacidade de síntesis, persuasión e argumentación.

Por exemplo, nun debate a coordinador/a encárgase de abrir sesión, presentar o tema e tamén o conclúe.
Tamén pode haber un secretario/a  e un moderador/a.

No panel non se debate un tema, senón que cada un dos expositores presenta un punto do mesmo, podendo completar o punto de vista de outros/as.

En canto a tormenta de ideas as persoas actúan con total libertade para expresar o que se lles ocorre, en todas esas ideas pode aparecer unha realmente boa.

As dinámicas de grupo na selección de persoal trátase de interactuar con outras persoas coas que se debe colaborar. Aquí podemos demostrar as actitudes dos membros dun grupo ante un problema proposto ou actividade a solucionar.

Hai varios tipos de dinámicas como son as realistas, as surrealistas, os roles asignados e roles non asignados.

O que se busca a través das dinámicas son as capacidades de persuasión, as competencias para a negociación, o nivel de autonomía de cada un/a, a seguridade en si mesma/o e habilidades de comunicación para observar se teñen capacidade de escoita, capacidade de liderazgo, iniciativa, etc.

No proceso de selección van valorar a toma de iniciativa, a aportación de solucións en consenso, se o diálogo de forma relaxada. Tamén se debe sorrir, respetar os turnos e controlar os tempos de intervención.

Os/as entrevistadores van observar cantas veces participan, se son líderes, se dominan ou subordina a outros/as, etc.

Mayte aconsella que nestes casos se fale alto e claro, dirixir a cuestión, facendo preguntas, asumir o papel de moderadores/as se é necesario, conseguir a participación de outros/as candidatos/as, non interromper, ser natural, participar activamente, extremar a educación e a cortesía, puntualidade etc.

É importante saber que as dinámicas NON teñen solución. Non haberá gañadores nin perdedores.


A ENTREVISTA LABORAL


Podemos axudarlle ao usuario/a na elaboración do currículum, tamén na carta de presentación e darlle pautas sobre como afrontar unha entrevista de selección.

As entrevistas poden ser directiva ou estructurada, non directiva, mixta, conductual e tamén pode ser individual, de grupo, dinámica de grupo ou panel.

Débese preparar a entrevista  previamente, buscando información sobre a empresa, e estudar o seu propio currículum. Tamén sería importante levar a información complementaria perfectamente ordenada nunha carpeta.

Débese ir vestido/a adecuadamente, e por suposto nunca ir acompañado/a. Tamén podemos ensaiar as respostas mais usadas.

Tamén é importante traballar o linguaxe corporal, mantendo a calma sempre. Se se da o caso pódese provocar preguntas que se poidan aproveitar para mostrar o seu propio coñecemento.

Por suposto nunca se debe mentir, dar a entender que se quere traballar aínda que sen parecer desesperado/a.





¿E DESPOIS DA ENTREVISTA?



Pódese facer unha relación de como foi, así aproveitar para aprender  para próximas entrevistas.
Aconséllase poñerse en contacto ca empresa días despois para interesarse sobre a evolución do proceso.



PREGUNTAS FRECUENTES


Poden preparar algunhas preguntas frecuentes tales como: 

-Definirse
-As súas virtudes e os seus defectos

En canto a preguntas de formación poden aparecer estas:

-¿Por que escolliches os teus estudos?
-¿Cres que tes suficiente formación para desenrolar este posto de traballo?

No apartado de formación laboral:

-¿Que funcións tiña no anterior posto de traballo?
-¿Cales dos seus traballos anteriores lle gustou mais/menos?

Tamén poden facer preguntas sobre a propia empresa á que está optando.


TIPOS DE ENTREVISTA


A entrevista é unha técnica cualitativa de recollida de información na que participan dous individuos (aínda que mais abaixo veremos que poden participar mais). Ésta non se considera unha conversación informal, pois ten unha intencionalidade, un obxectivo. Para que unha entrevista se leve a cabo é necesario que participen, como mínimo, un entrevistador e un entrevistado, existindo un acordo por parte de ambos. O primeiro é quen obterá información sobre a outra persoa.

É importante saber que nos podemos enfrentar a diversos tipos de entrevistas. Vexamos os mais importantes:
  • Según o número de persoas que interveñen
  • Según o grado de estructuración ou planificación previa da entrevista
  • Según o medio no que se realice, presencial, por teléfono ou videoconferencia

Entrevista por incidentes críticos BEI





Estaba previsto facer unha práctica con Mayte pero finalmente a sesión non deu para mais.




Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE