Notas sobre orientación e emprego

Na actualidade a falta de emprego é un dos problemas máis agudizados e que afectan a numerosos persoas e familias, sendo considerado como o principal elemento de integración na sociedade, como vía fundamental para conseguir recursos económicos e un marco determinante das relacións sociais.

Un valor configurador da realidade social de cada individuo. Estar inserido no mercado de traballo é un elemento (case) condicionante da propia inclusión e vida social, na idea de que sobre o emprego configúranse moitos dos aspectos da actividade persoal, prof
esional e vital da cidadanía.

Para moitas persoas o traballo supón un acervo de identidade, un recurso para formar parte dunha dinámica ou estilo de vida, para sentirse membros partícipes da sociedade.

Neste sentido, a perda do emprego pode supoñer un illamento social, pois leva consigo unha diminución dos ingresos económicos, unha redución de relacións sociais, consecuencias negativas a nivel persoal, como pode ser un aumento de ansiedade e desde o primeiro momento un cambio drástico nas rutinas.

E isto cando son moitas as persoas que se ven obrigadas a reorientar a súa vida, afrontando novos retos como marcharse ao estranxeiro ou apostar por emprender, buscando unha primeira experiencia ou un reciclaxe profesional, hai que optar por alternativas innovadoras para seguir aprendendo, por descubrir todas as nosas potencialidades e por tecer alianzas e novas redes de contacto

Ante esta realidade preséntase a necesidade de que exista un área de coñecemento que estude e planifique estratexias e ferramentas para a procura de emprego, o coñecemento de redes sociais e recursos que sirvan de guía aos demandantes de emprego.

A orientación laboral é entendida non só como unha intervención puntual, senón como un proceso continuado de intervención ao longo da vida, onde se ofrece un servizo de guía, asesoramento, información sobre recursos actuais en materia formativa e sobre o mercado laboral. Sendo o obxectivo último da orientación laboral a mellora da empregabilidade das persoas orientadas.

Configúrase así como un proceso de intervención onde é executado un plan de intervención (itinerario personalizado de inserción), definindo como obxectivos aquelas necesidades que demanda a persoa usuaria e aquelas que son diagnosticadas pola/o profesional da orientación.

As áreas de intervención nas que se centra a orientación laboral poden definirse como as seguintes:

Fase de Acollida: Cando a persoa accede ao servizo por primeira vez, o/a profesional debe de explicar en que consiste o servizo de orientación e que se lle ofrecerá a través do mesmo. A través dunha primeira entrevista diagnóstica, procederase a facer un diagnóstico sobre o perfil.

Fase de intervención: É onde se desenvolve o plan de intervención ou itinerario de inserción, procederase á recolleita de información, derivacións a recursos específicos, etc.

Fase de finalización e avaliación: O plan de intervención finalizará por decisión voluntaria, ou por consecución dos obxectivos previstos (entre eles a inserción laboral).

A capacitación e asesoramento persoal das e dos demandantes, como traballo converxente de orientación e capacitación socio-profesional é é así un recurso de intervención pública fundamental dentro das políticas de promoción do emprego.

Un elemento imprescindible para acadar a cohesión social nas realidades laborais do século XXI. Para o acceso ao mercado laboral normalizado que non foi posible en situacións de exclusión, agudizadas na conxuntura de crise.

Algúns recursos para profundar neste tema:

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE