Resumo do Módulo I "Marco Conceptual da Orientación Laboral"



Resumo do Módulo "Marco Conceptual da Orientación Laboral".

Por M. Dolores Fraga Sánchez.

O módulo I "Marco Conceptual" abarca cinco temas que enmarcan a Orientación Laboral cos coñecementos técnicos necesarios para ter unha mirada completa.

TEMA 1 MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA


SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO

Está formado polo:

- Servicio Público de Emprego Estatal SEPE, que se ocupa da creación, desenvolvemento e seguimento das políticas de emprego. Garantir a igualdade de acceso aos servicios, a cohesión social e a complementariedade entre a unidade de mercado e a diversidade territorial. Se encarga das políticas pasivas de emprego.

- Servicio Público de Emprego de Galicia SPEG, que leva a cabo as políticas activas de emprego en Galicia, conta con estructura propia e Entidades colaboradoras. Está integrado no SISPE.
Políticas Activas: programa de medidas de orientación, emprego e formación co fin de mellorar as posibilidades de acceso ao emprego

MARCO INSTITUCIONAL DAS POLÍTICAS ACTIVAS EN ESPAÑA

A competencia lexislativa en materia laboral corresponde ao Estado. art. 149.1.7 da Constitución Española.

- Plan Anual de Política de Emprego PAPE

- A Estratexia de Activación para o Emprego 2017/2020
Primer instrumento de coordinación do Sistema Nacional de Emprego

- Plan Anual de Reformas de España 2017
Establece reformas estructurais para modernizar a nosa economía e facer unha política fiscal reponsable.

POLÍTICA DE EMPREGO EN EUROPA

- Estratexia Europea de Emprego 2020
Compartir, informar, debater e coordinar as políticas de emprego dos Estados membros.

- Ámbitos de Desenvolvemento das Políticas Activas de Emprego
A UE ten unha competencia complementaria á dos Estados membros en materia de emprego co obxectivo de elaborar unha Estratexia Común.

Prioridades: crecemento intelixente, sustentable e integrado

Obxectivos: - 75% da poboación entre 20 e 64 empregada
                     - 3% do PIB da UE investido en  I+D
                     - Alcanzar o obxectivo 20/20/20 en materia de clima
                     - Abandono escolar por debaixo do 10%

Financiamento: a través de Fondos Estructurais (FEDER, FSE)

Neste tema temos unha visión de como está estruturado o Sistema Nacional de Emprego, o Servicio Público de Emprego de Galcia, como ambos se integran dentro da política de emprego Europea.

TEMA 2. O MERCADO LABORAL

MERCADO DE TRABALLO

O mercado de traballo funciona como calquera outro mercado en función da oferta e a demanda de mano de traballo. A interpretación deste funcionamento e cales son os seus efectos,depende a teoría na que se base:

- Formulación Clásica
- Formulación keynesiana.

A oferta de traballo é a poboación activa ( ocupados + parados).

A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas/ empregadores están dispostos a contratar.

A interación entre ambos determina os salarios no mercado laboral.

EPA (Enquisa de Poboación Activa):

Activos: persoas de 16 anos o máis que fornecen de man de obra para a produción de bens e servizos ou están dispoñibles e en condicións de incorporarse. Se dividen en:
    Ocupados
    Parados

Inactivos: persoas de 16 anos ou máis que non está incluída en ningunha categoría anterior.

Segundo a EPA se poden obter as seguintes taxas:

- Taxa de Actividade
- Taxa de Paro
- Taxa de Emprego
- Taxa de Dependencia

 DESEMPREGO

O concepto de parado non cambia desde a definición internacional da Organización Internacional do Traballo, aínda que actualmente se introducen instruccións sobre como interpretar a procura activa de traballo.

Tipos:

Paro estructural, desaxuste entre oferta e demanda de traballadores.

Paro friccional, os traballadores buscan cambiar de emprego en vistas de progreso ou simplemente renovación. Non representa un problema económico.

Paro cíclico, cando o mesmo é causado só por un ciclo, é o tipo máis nocivo.

Paro estacional, varía coas estacións do ano en consecuencia de flutuacións na oferta ou demanda de taballo.

O MERCADO DE TRABALLO ACTUAL

É moi dinámico e cambiante, ten sufrido cambios importantes nos últimos anos.

É importante coñecer a normativa actual do mercado de traballo e das relacións laborais. Hay varios portais que manteñen información en materia lexislativa actualizada, como o portal do SEPE.

Necesario ter unha visión completa da situación do mercado de traballo no noso contorno.

AS OCUPACIÓNS

A clasificación ocupacional como a CNO 2011 é un sistema de codificación que ten por obxecto o tratamento da información sobre ocupacións de maneira a efectos estatísticos

INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS PARA O ESTUDO DO MERCADO DE TRABALLO

- Observatorio Ocupacional do SEPE: unidade técnica que analiza a situación e as tendencias do mercado de traballo. Anticípanos aos retos e requerimentos do mercado.

- Observatorio Europeo de Emprego OEE: sistema de información sobre políticas de emprego e tendencias do mercado de traballo na UE.

- A Pospección do Mercado de Traballo: análise do mercado laboral en cooperación co tecido empresarial e outros axentes sociais.

COMO E ONDE TRABALLAR

Por conta allea: Emprego Público / Empresa Pivada
Por conta propia: Autónomo



O tema 2 pódese considerar troncal para a orientación laboral, porque é fundamental ten un coñecemento pormenorizado e actualizado de cada uns dos puntos que se tocan no tema.

TEMA 3. CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

CUALIFICACIÓN FRONTE A COMPETENCIA

Cualificación Profesional: "conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación a través da experiencia laboral".

Competencia Profesional: "conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da
actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego".

Unidade de competencia: "agregado mínimo de competencias profesionais, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial".

Competencia clave: permiten aos individuos adaptarse a unha contorna laboral cambiante.
Estructura da Cualificación Profesional: se definen brevemente as labores e funcións esenciais do profesional.

Agrúpanse en 26 familias e 5 niveis.

SNCFP (Sistema Nacional de Cualificacións): Conxunto de instrumentos e accións necesarias pra promover e desenvolver a integración da ofertas de FP, a través do CNCP (Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais), así como a avaliación e acreditación das correspondentes competencias profesionais, de forma que se favorezca o desenvolvemento profesional e social das persoas e se cubran as necesidades do sistema produtivo.

CUALIFICACIÓNS PLROFESIONAIS NO CONTEXTO EUROPEO. MARCO EUROPEO DAS CUALIFICACIÓNS (EQF).

Relaciona entre sí os sistemas de cualificación dos Estados e serve de mecanismo de conversión para mellorar a interpretación e comprensión das cualificacións dos Estados.

INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS.

Instrumento específico de carácter técnico. Contará cun observatorio cunha base de datos. Fins:

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

Procedemento de requisitos e fases para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou de vías non formais de formación

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE. FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Obxectivo: dar resoposta ás necesidades da sociedade do coñecemento baseado na competitividade, empregabilidade, mobilidade laboral e o fomento da cohesión e inserción laboral.

Este tema é importante para a Orientación Laboral desde o punto de vista da importacia que ten a formación para mellorar as condicións de búsqueda de emprego, e a formación contínua dentro da vida laboral

TEMA 4. POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA

POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA (UE)

- Coordina e supervia as políticas nacionais.
- Impulsa o intercambio de boas prácticas (emprego, pensións, pobreza e exclusión social).
- Lexisla e supervisa a aplicación da normativa.

Os gobernos nacionais son os principais responsables da política social e de emprego.

A Estratexia Europea de Emprego impulsa medidas para:
- crear postos de traballo
- dinamizar e equilibrare mellor os mercados laborais
- supervisar as políticas de emprego.

ORGANISMOS ACTUALES EN MATERIA DE EMPREGO

- Comité de Emprego
- Cumio Social Tripartito para o Crecemento eo Emprego

A MOBILIDADE DOS TRABALLADORES

A libre circulación dos traballadores é un dos principios constitutivos da UE (supón a abolición toda discriminación por razón de nacionalidade con respeto ao emprego e a retribución).

REDE EURES: Rede Europea de Servicios de Emprego. Axuda a resolver os problemas que poidan atopar os traballadores que cruzan a diario a fronteira e as empresas nas que traballan.

FONDOS PARA O FINANCIAMENTO DAS POLÍTICAS DE EMPREGO: OS FONDOS ESTRUCTURAIS (FSE)

FSE:  para promover o emprego e o desenvolvemento dos recursos humanos en todos os paises da

UE. Os Fondos Estructurais máis os Fondos de Cohersión teñen o obxectivo común de corrixir o desequilibrio entre as rexións máis ricas e as menos desenvolvidas.

As liñas de accións deséñanse a escala europea pero a súa execución é responsabilidade das autoridades nacionais e rexionais relevantes.

FONDO EUROPEO DE ADAPTACIÓN E GLOBALIZACIÓN (FEAG).

Axuda aos traballadores a atopar un emprego e desenvolver novas competencias cando perderon o seu posto de traballo a causa de cambios económicos nas pautas comerciais mundiais.

PROGRAMA PROGRESS

Depende da Dirección Xeral de Emprego, o seu obxectivo principal son os estudos

EASI (Programa Europeo para o Emprego e a Innovación Social). Instrumento de financiamento para promover un alto nivel de calidade e de emprego sostible, protección social adecuada, loitar contra a exclusión social.

POLÍTICAS ACTIVAS E PASIVAS DE EMPREGO NA UE E EN ESPAÑA

As políticas activas están dirixidas:

a) persoas en situación de desemprego: inserción ou reinserción social
b) poboación ocupada: garantir o mantemento do emprego
c) poboación inactiva: convertelos en poboación activa

As políticas pasivas compóñense de:

- prestacións contributivas
- prestacións asistenciais

É fundamentar para un orientador laboral ter un coñecemento actualizado e profundo da Política Social e de Emprego da Comunidade Autónoma, do Estado e da UE

TEMA 5. A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

O informe GEM 2016 reflicte unha nova caída da actividade emprendedora. En España a TAE é do 5'2% e Galicia é do 3'92%. España e, polo tanto Galicia é unha rexión pouco emprendedora. Houbo un repunte do empredemento durante a crise pero foi por necesidade, polo que as empresas creadas tiveron unha alta mortalidade (debido aos baixos estandares de calidade).

Cambiar este panorama require de actuar desde as institucións para mellorar a imaxe do emprendemento así como os trámites e o financiamento. Fundamental é tamén cambiar o modelo productivo actuando con cambios desde o sistema educativo.

Para a UE a creación de empresas é unha prioridade estratéxica para a creación de emprego, creación de riqueza e benestar social e aumento da competitividade.

EMPREDEMENTO SOCIAL

As empresas de Economía Social (ES), xorden para cubrir necesidades, ser eficientes e rendibles e firmemente enraizadas no territorio. Prima á persoa frente ao capital.

ELEMENTOS ESENCIAIS NO PROCESO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

A idea. Qué actividade emprender?
A persoa emprendedora. Que? e Porqué?
Plan de Empresa. Cómo? Modelo CANVAS

ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES NO PROCESO DE CREACIÓN DE EMPRESAS

Fases da creación da empresa: xestión, análise, posta en marcha e consolidación
Claves para asesorar a persoas emprendedoras

Para saber máis:
Servicio Público de Emprego de España
Servicio Público de Emprego de Galicia
Rede Eures












Creative Commons License

This work is licensed under a Creative Commons Attribution 4.0 International License.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE