RESUMO DA SESIÓN DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS II

Sesión impartida por Fernando Aguilar-Galindo Ávila o día 21/17/2017

Nesta sesión abórdase a importancia de contar con habilidades e competencias sociais en todos os ámbitos da vida. Desde o punto de vista da Orientación Laboral forman parte das competencias necesarias coas que ten que contar un profesional da Orientación, xa que se trata de orientar a persoas que a priori teñen situacións difíciles e que normalmente necesitan reforzar a súa autoestima e o seu autoconcepto. Dentro da comunicación destaca a linguaxe corporal posto que ven a representar máis do 50 por cento do que transmitimos. 

Enténdese por comunicación non verbal toda comunicación non falada ou escrita.
Moi importante as Barreiras de comunicación. Isto é, lugar ou momento elixido para falar, perturbacións ou interferencias, falta de empatía, non escoitar, etc.

Practicar a escoita comprensiva e a reformulación. Así como formular preguntas abertas que eviten os monosílabos.

COÑECEMENTO E AUTOCEÑEMENTO

Para empezar a contar con estas habilidades o primeiro é coñecernos a nos mesmos, para poder coñecer aos demais. Xa o dicía a nai Teresa de Calcuta:



Destacala importancia de focalizarse e de creer nun mesmo.Tendo o porqué e o para que, o cómo ven so. Por iso é importante ter claro a onde vou. So se cambia asumindo riscos.

Segundo Fernando Aguilar as persoas con autocoñecemento son reflexivas, están abertas ao cambio e son capaces de amosar sentido do humor, que é fundamental.

A orientación debe basearse na confianza, hai que conectar coa outra persoa.

A confianza é outro valor importante que se tarda moito en conseguir e se perde en un momento. As persoas tenden a comportarse en función da imaxe que cree que os demais teñen delas. (Efecto Rosenthal), polo que temos que amosar que a persoa nos importa, interasarnos polo que lle interesa, lle inqueda e lle confunde, desde unha posición de iguais. É importante lembrar que tí eres a mensaxe (a actitude fala máis que as verbas), non se deben facer suposicións facilmente, ademais hai que ser xenerosos.

EMOCIÓNS E INTELIXENCIA EMOCIONAL



Segundo Fernando Aguilar en grande medida as emocións dependen de min, vexo as cousas en función da miña percepción, o importante é non quedarse na emoción. A vergoña a culpa e o medo son as peores.

Das emocións non somos responsables, dos estados de ánimo si (emocións que permanecen no tempo), temos que diferenciar entre aceptación (que non quere dicir que esteamos de acordo) e resignación.



Concepto desenvolto por Howard Gardner, as intelixencias múltiples son oito. 

Temos que tratar as persoas en función de como son e á vez con ecuanimidade. Neste caso o valor para un Orientador é saber adaptarse as características do orientado, ter moi en conta que as persoas son diferentes polo tanto os protocolos tamén deben selo, en función dos oríxenes, situacións persoais, cultura, capacidades, etc.

Para elo traballar a empatía, a aceptación e a valoración hacia outras persoas.

A intelixencia emocional está composta pola intelixencia intrapersoal máis a interpersoal. Os cinco elementos da intelixencia emocional son: 


OS PRINCIPIOS TRANSFORMADORES de Carl Rogers son:


  • Transparencia, autenticidade e congruencia
  • Aceptacion incodicional
  • Empatía (entender por dentro)
    • Escoitar e recoñecer
    • Compasión, cando entendemos que hay sufrimento na outra persoa. Supera á empatía.

PASOS PARA MELLORAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL

  • Detectala emoción que hai detrás dos nosos actos e a súa orixe
  • Ampliar o vocabulario emocional
  • Non xulgar o que se sinte (as emocións aportan información)
  • Descubrir a mensaxe oculta da propia linguaxe corporal
  • Controlar os pensamentos para controlar os comportamentos (mindfulness)
  • Buscar os sentimentos que hai detrás das reaccións dos demais
  • Levar un diario emocional: o descanso e moi importante para controlar o estrés, sobretodo cando se está nun momento de traballo intensivo ( cada 90 minutos descansando de 15 minutos), senón o cerebro xera unha carga Alostática que pode levar á depresión.
  • Expresar emocións de forma asertiva (falar en primeira persoa e non entrar en competencia)

Táboa dos dereitos asertivos:

LIDERADO E INFLUENCIA

Para ensinar liderado debemos comprender o punto de vista do outro. Aprender dos fracasos, xa que do éxito tamén se aprende.

Para iso, temos que diferenciar o urxente do importante, organizar prioridades xa que hai tempo para todo e un tempo para cada cousa.

Buscar unha saída a curto prazo, é unha saída pero non unha solución, temos que ter un obxectivo claro e loitar por el. Debemos de ser intelixentes e cando necesitemos axuda simplemente pedila.

Na vida, en todos os seus aspectos, temos que ser felices, ninguén nos pode facer felices nin nos sos podemos facer feliz a ninguén.

Pero, ¿QUE É SER FELIZ?  Segundo nos explicou Fernando Aguilar é unha serenidade interior, que para tela temos que ter claras as seguintes premisas:

1º é importante ter autoestima, que te valores e ocupes de ti.
2º concederte ser como ti eres, liberdade para sentir, para pensar.
3º asumir a resposabilidade dos teus actos e decisións, facer o que tes que facer, non soamente obedecer.

PROACTIVIDADE

A proactividade ante un obstáculo, é dicir, actuar cando algo se interpón entre nos e o noso obxectvo e actuar promovido cara un fin.


XESTIÓN DO ESTRÉS

Un pouco de estrés é necesario porque é un mecanismo de supervivencia, pero si o estrés pasa a ter un nivel elevado afecta á nosa saúde, por eso é importante saber xestionar o estrés, de feito a OMS predí que no ano 2020, a depresión relacionada co estrés crónico sera a segunda causa de invalidez no mundo.

Existen diferencias á reacción ante os estrés entre homes e mulleres, por exemplo homes teñen menos estrés cando os acompañan as súas parellas nunha situación estresante, en cambio as mulleres teñen máis estrés na mesma situación.
A sesión remata cunha dinámica.

Reflexión grupal sobre a sesión:

O longo da nosa carreira de orientadores/as imos ter moitas adversidades. Por iso é moi importante ter unha perspectiva positiva en todo momento para transmitir ese positivismo ás persoas coas que imos traballar. Temos que ter en conta que non ser activa/o pode xerar en moitos casos momentos difíciles para a persoa que quere exercer o dereito a traballar e non atopa donde. Creo que parte do noso papel é motivar e alentar.


Compartimos o Storify dese día:



Para saber máis:

- Que é a empatía?
- Intelixencia emocional por Daniel Goleman
- Intelixencias múltiples por Carl Rogers

Comentarios

  1. excelente articulo , me sirve como herramienta para tratar posibles casos de bullying
    , producto de trastornos emocionales .

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE