Resumen Módulo 1: Marco conceptual da orientación laboral.

 1. MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA

Neste primer tema tivemos a explicación para poder ter claro o Sistema Nacional de Emprego, as súas estruturas, medidas e accións necesarias para realizar e desenvolver as políticas de emprego en todo o territorio. Está composto por dúas ramas, o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, no caso de Galicia o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Resultado de imagen de servicio publico emprego de galicia
Fonte: Voz de Galicia

É importante saber as competencias que ten cada un deles á hora de facer unha boa orientación:
  • As políticas pasivas de emprego son competencia exclusiva do Estado. Sirven como unha protección nunha situación de desemprego.
  • O Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) é o encargado do desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego. Son un conxunto de medidas e servizos para mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas. 
Por último, pareceume moi interesante o resumo das diferentes estratexias que se están a desenvolver tanto dende os gobernos central, autonómico e sobre todo, os fondos que destina a Unión Europea coa Estratexia Europea de Emprego 2020 que proporciona un marco para que os países da compartan información e coordinen as súas políticas de emprego.

 2. O MERCADO LABORAL

Fernando Agullo, fixo unha moi boa explicación do funcionamento e das partes que compoñen o mercado laboral. Nel danse dous actores imprescindibles: os oferentes de emprego e tamén os demandantes desa forza de traballo. Os cambios que se producen nel ao longo das curvas (esas que a pouca xente gústalle analizar),  E a súa evolución depende polo tanto de dúas variables : a oferta de traballo (formada pola poboación activa = ocupados + parados) e a demanda de traballo (número de traballadores/as que as empresas están dispostas a contratar).
Elaboración propia

O equilibrio do mercado de traballo ven determinado pola intersección da oferta e demanda, o que conlevaría este equilibrio sería o pleno emprego, que é unha situación irreal aceptando o 4% como pleno emprego.

Tendo claro esto, temos que ter coñecer os catro tipos de paro que existen: 
  • Estructural.
  • Friccional.
  • Cíclico.
  • Estacional.
E por último, para rematar este tema debemos diferenciar os diferentes indicadores e tasas que analizan o mercado laboral para poder explicar aos nosos/as orientados/as onde están encadrados en cada momento.


                                  3. CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Este é o tema do que máis descoñecemento tiña e o que me pareceu máis importante para explicar as diferentes formas que teñen as persoas de poder seguir/iniciarse coa formación,

Os conceptos que destaco son os dous que na clase fixemos unha diferenciación:


  • As cualificacións Profesionais : Que son un conxunto de competencias (capacidades e/ou coñecementos) que son necesarias e válidas para o exercicio dunha profesión e que poden adquirirse a través da formación ou da experiencia no traballo. Están agrupadas en 26 familias e 5 niveis. A súa vez están formadas por unidades de competencias.
  • As competencias clave: Nivel I, II e III, definidas como as capacidade de responder a demandas complexas e levar a cabo tarefas diversas de forma adecuada. 
  • Os certificados de profesionalidade, acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional. 
  • Acreditación de competencias profesionais: convocado polas comunidades autónomas, é un sistema que permite recoñecer a competencia profesional dunha persoa, que adquiriu pola súa experiencia laboral ou por outras vías non formais. Podes presentarte en calquera comunidade. 

  • Por útlimo tivemos sobre a actualidade da Formación Profesional en España, quen ten as diferentes competencias e como está dividida.


                                      4. POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO DA U.E.

    Neste mundo globalizado, queda claro que as responsabilidades en materia social e de emprego están repartidas entre os gobernos nacionais e a Unión Europea.

    Para que funcione, creáronse unha serie de ferramentas e organismos capaces de coordinar estas responsabilidades. Estes son:
    Fonte: Youtube. Ministerio de Asustos Exteriores e de Cooperación

     5. A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

    Nun primeiro momento analizamos o informe gem espana 2016 para conecer a evolucion que sufriu a cultura emprendedora dende o estalido da crise economica e o que provocou no emprendemento e na creacion de empresas. Galicia non é unha comunidade de emprendedores como demostran as cifras.

    Explicouse dende a importancia de ter unha idea ata como poder poñela en marcha, e todo esto a través do método CANVAS. A grandes trazos, este modelo (aplicable non soamente a empresas senon a máis facetas da orientación), consiste en completar os diferentes módulos expostos, todos eles interrelacionados e que explican a forma de operar da empresa para explicar os diferentes espazos dentro dunha empresa. Así podemos pór en marcha un negocio facendo que cada un destes pasos definidos no CANVAS, axuden a que a empresa aumente as probabilidades de ter éxito, tendo un modelo de negocio ben definido.

    Fonte gratuíta de imaxes

     REFLEXIÓN PERSOAL

    Unha vez finalizado este módulo, podo concluir que pareceume moi interesante, tanto a nivel teórico como práctico. Todos os temas tratados, son de vital importancia para poder facer un bo servizo de orientación ás persoas que o demandan e necesitan. 

    Tamén destacar, que aínda non están en ningun tema en concreto xa que interrelaciona con todos, a parte relacionada coas TIC'S impartidas polo profesor Carlos Parada, que nos permite facer todos estes traballos nas redes sociais.


    Para saber máis sobre os temas tratados:








    Comentarios

    Entradas populares de este blog

    REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

    Presentación profesional de @miriamhammett

    REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE