Reflexión sobre o PLE - Ferramentas Feedly e Scoop.it

Primeiro para situarnos no contexto deixo o que creo que pode ser unha definición do que é o PLE:
- Conxunto de elementos (recursos, actividades, fontes de información) utilizados para a xestión da aprendizaxe persoal.

O que nos permite é facernos unha idea das cousas que non inflúen a hora de ser bos profesionais da orientación, dende as páxinas ou recursos onde obtemos as diferentes novas, ata utilizar os diferentes medios para comunicarnos e facer que esa información chegue as persoas que a necesitan e a van empregar que seguramente doutra manera non chegaria. Deixo un pequeno video tutorial onde se explica as características e como crear o noso PLE.


Non sabia que eu xa dispoñía dun PLE ata que o fixemos na clase. Isto servíume para darme conta da cantidade de información que recibo e podo transmitir ás persoas que veñen a orientación laboral e que necesitan coñecer e canalizar esa información. Comparto o PLE que fixemos en clase, onde intentei plasmar de onde recibo esa información e con que ferrmentas a transmito.


Para finalizar, deixo agora as miñas pequenas reflexións das dúas ferramentas que empregamos tamén en clase, que para min era a primeira vez que as usaba e que nos sirven para que fagamos mellor a selección de información que necesitamos e que tanto abunda en internet.
Feedly é un lector de RSS ou feeds (para a xente que xa é experta no tema). E ten a vantaxe de poder ler novas de múltiples webs sen ter que ir visitar cada unha delas xa que as agrupa según os intereses que ti teñas seleccionados.

 

Pareceume moi util poder empregala, xa que facilita moito a labor de busca de diferente información sen ter que ollar todo o que non é interesante. Permite a creación de taboleiros coas noticias máis relevantes e ordealas dun xeito que sempre teñas dispoñible. Agora mesmo, tamén a estou empregando para seleccionar as diferentes noticas que teño que compartir noutra tarea que se nos asignou, e estame sendo dunha axuda increíble.
Un gran descrubimento. 
É unha ferramenta que nos permite compartir contido que atopamos na web creando unha especie de páxina persoal composta polo material que queremos consultar no futuro e que vamos engadindo ou os nosos contactos comparten e nos queremos consultalo. Podes conectala ou sincronizala coas diferentes redes socias que xa empregas co que dalle unha visión máis global para poder compartir a información por diferentes canles.


Das dúas ferramentas, pareceume a máis difícil de empregar, xa que ten moitas características que eu non utilizo normalmente. Aínda que as dúas están en inglés, Feedly é moito máis intuitiva e fácil de empregar.



Para saber máis:



Licencia Creative Commons

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE