Reflexión do Módulo 1 do posgrao de orientación laboral por Miriam Sampayo

  1. Marco de referencia da orientación laboral
¿Qué é o SEPE? Trátase dun organismo autónomo, coñecido anteriormente omo INEM, o cal se encarga de facer a ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas de política de emprego.

Organízase da seguinte maneira:

-Consello xeral, comisión executiva e dirección xeral.
Compóñense de 759 oficinas en todo o Estado español.
As competencias do SEPE son, entre outras: Elaborar e elevar ao Ministerio as propostas en materia de emprego, elaborar o anteproxecto do seu orzamento, impulsar o desenvolvemento do sistema nacional de emprego, percibir as axudas financeiras da Unión Europea para futuros programas, etc.


Fonte gratuita de imaxes

¿Cales son as estratexias europeas de emprego?

Pois entre elas destacan xestionar as prestacións por desemprego
Elaborar unha base de datos do rexistro público de ofertas, demandas e contratos.
¿Qué é o SPEG?É o servicio público de Emprego de Galicia e ten como funcións a información e direccionamento, tratamento das demandas de emprego, captación e tratamento das ofertas de traballo e intermediación.

Hay dous tipos de política de emprego: política activa e política pasiva;
P.Activa: é o conxunto de medidas de orientación, emprego e formación que teñen como obxecto mellorar  as posibilidades de acceso ao emprego.
P.Pasiva: o seu obxectivo principal é a protección por desemprego. Céntrase en persoas en persoas que a pesar de ter capacidade e intención para traballar, non pode prestar os servizos no mercado laboral.


   2.  O mercado laboral

O mercado laboral estructúrase pola oferta e a demanda de traballo. O que se busca é un equilibrio entre ambos, e ven determinado polo punto de cruzamento das dúas curvas(a da oferta e a de demanda).
O paro ten uns efectos sobre a persoa tales como económicos e psicolóxicos.
Por medio da EPA  podemos ver os resultados da taxa de paro, a taxa de actividade e a taxa de emprego.
Analizamos as causas e efectos do paro, dende dos corrientes: a clásica  a keynesiana Según a Formulación Clásica, o mercado sempre alcanza o equilibrio no caso de deixar actuar libremente á oferta e a demanda.

Según a Formulación Keynesiana, como os salarios son ríxidos á baixa e existen normas laborais que regulan os intercambios, os axustes entre oferta e demanda fanse a través da cantidade de traballadores contratados que, ó non coincidir cos  que desean trabajar, hace que o mercado esté en desequilibrio e prodúzase unha situación de paro.

Encontramos e tipos de paro: paro friccional, paro cíclico e paro estacional.
Para estudar o mercado de traballo podemos botar man dos observatorios tales como: observatorio ocupacional do servizo público de emprego estatal, o observatorio ocupacional do servizo público de emprego de Galicia, o observatorio Europeo do emprego, e a prospección do mercado de traballo.

Fonte gratuita de imaxes

   3.  Certificación e formación profesional

Confróntase a cualificación, que é o  conxunto de competencias profesionais para conseguir un resultado profesional concreto, e a competencia que é o conxunto de coñecementos e capacidades para desarrollar unha profesión dende diferentes ámbitos, tanto o persoal, profesional ou académico.
Hay 26 familias profesionais e 5 niveis de cualificación.
Os certificados de profesionalidade teñen como obxectivo dar resposta ás necesidades da sociedade do coñecemento.

   4.  A política social e de emprego na Unión Europea

Esta política trata de impulsar as medidas de creación de postos de traballo, e dinamizar e equilibrar as políticas de emprego.
O Fondo Social Europeo actúa nos territorios mais necesitados. Cada Estado membro conxuntamente ca Comisión Europea acorda os programas operativos que se financiarán ao amparo do FSE. Intervén en diversas áreas, tales como traballadores e novas cualificacións, adaptacións dos traballadores e empresas, entre outros.

Destacouse a Estratexia de Crecemento Europa 2020.

A libre circulación dos traballadores é un dos pilares básicos da UE. Como cidadáns da Unión Europea temos o dereito a traballar en calquera país da Unión Europea sen necesidade de permiso de traballo.

A través da Red EURES: Rede Europea de Servizos de Emprego, proporciónase servicizos de información, asesoramento e contratación/colocación, aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio de libre circulación das persoas, a través dos Conselleiros Eures. Esta Rede ten unha misión especialmente importante nas rexións transfronteirizas da UE.

    5.  A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Debido ó noso modelo de producción  baseado na construción  e hostalería, a destrucción de emprego a consecuencia da crise foi moi elevada. Por iso é importante poñer un novo modelo de producción, por exemplo o papel do/a emprendedor/a.
Os elementos esenciais na creación dunha empresa son: a idea, a persoa emprendedora e o plan de empresa.

O/a  orientador/a deberá guiar á persoa emprendedora dende o momento en que se produce o primeiro contacto, que normalmente é na fase de xestación, pasando pola fase de análisis na que se elaborará un plan de empresa, hasta a fase de posta en marcha, momento no que a persoa emprendedora inicia a actividade tras constituíla e abrir a empresa.

Para esto, o modelo Canvas  preséntase como unha ferramenta cualitativa e de gran axuda para o deseño empresarial. É sinxela e valiosa coa que a persoa emprendedora reflexiona sobre a forma en que vai buscar, captar, crear e proporcionar valor aos seus clientes coa oferta que levará ao mercado.


Fonte: youtube


O Plan de Empresa é un documento onde o emprendedor/a lle da forma á idea, reflexiona e plasma as cuestións mais importantes para a posta en marcha.
Existen diversos programas de axudas para emprender, a nivel autonómico, nacional ou europeo. Igape e Bicgalicia  poden ser de gran apoio á hora de formalizar o plan de negocio.

En definitiva creo que o/a orientador/a debe estar siempre en contacto coas novas políticas de emprego, sempre tendo en conta as situacións persoais de cada persoa, e respetando e empatizando con cada unha delas.

Para saber mais:




Licencia Creative Commons

Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE