IDEAS PRINCIPAIS DO MÓDULO I

T. 1 Marco de referencia da orientación laboral aberta.

Primeiramente facer mención a distinción marcada e pouco coñecida polos cidadans. O Sistema Nacional de Emprego está integrado polo SEPE  e máis os Servizos Públicos das diferentes CCAA.  Como dixo unha compañeira, un encárgase dos "cartos" (prestacións) e outro (ademais doutros servizos) do que nos compete neste blog, a Orientación. Aténdese a persoas traballadoras, entendendo como tales os desempregados máis os activos; emprendedoras e máis as empresas.

Os diferentes servizos públicos repatidos pola xeografía española dependen, no caso de Galicia, da Xunta e resumindo a súas funcións faise a diferenciación de políticas Pasivas(prestacións e subsidios) e as Activas (foron transferidas no ano 1997).

A raíz da crise económica creánse medidas para favorecer a contración estable tales como o RDL 16/2013; RD Lei 6/2016 do 23 de Decembro sobre Garantía Xuvenil, etc.

Nesta parte descubrín entre outros términos, o PAPE máis a Estratexia de Internacionalización da Economía Española 2017-2027. Cuyo fin é  mellorar o investimento empresarial e proseguir co apoio ás persoas emprendedoras.
O FEDER concesor de axudas en beneficio das empresas e o FSE (Fondo Social Europeo) que fundamentalmente financia actividades de formación para favorecer la inserción. 

T.2 O Mercado Laboral.

Primeramente falar dos ELEMENTOS DO MERCADO de traballo. A poboación ACTIVA componse dos ocupados + parados. 
A DEMANDA DE TRABALLO  son os traballadores que as empresas ou empregadores están dispostos a contratar.
O que moven esos elementos son as variacións que sofren os soldos. Canto máis elevados sexan os soldos, a xente quererá traballar máis.
Por outra banda, existen uns indicadores do MERCADO DE TRABALLO. A saber:
Activos
Ocupados Conta propia (máis coñecidos por Autónomos e regulados polo RETA) e Asalariados
Parados Buscan activamente emprego e dispoñibles para traballar.
Inactivos.

O dato do PARO é un cociente polo tanto a falar del sempre en porcentaxe. Ven a formar parte das Taxas que a EPA (Encuesta de Población Activa) ben a publicar en materia laboral.

Sempre que falamos de desemprego, sale o término PARO. ¿Pero realmente, a qué fai referencia? . pois ven sendo a diferencia entre o traballo ofertado e o demandado. É dicir: T ofertado - T demandado = PARO.

Nestes intres o Mercado de traballo actual destaca polo auxe do Sector Servizos, pola forte competencia, pola implantación de automatismos, robots, etc.
Coñecer o Mercado de Traballo actual da nosa zona é importante para facer unha boa orientación e prospección laboral. Nos xacementos de emprego atoparemos as ocupacións en alza caracterizadas pola aparición de novas profesións, forte competencia entre empresas e demais factores. Tecnoloxías da información e as Comunicacións e do Medio Ambiente destacan como novas ocupacións a informar e formar.

Existen varias ferramentas para o estudo do mercado, ocupacións, colectivos de interese, etc. Que investigan sobre os elementos que permiten dar resposta as necesidades a política de emprego e formación.


T.3 Certificación e Formación Profesional.

Primeiramente facer un repaso do Sistema Educativo Actual, a Formación Reglada:
-Básica (Certificado de Profesionalidade nivel I inclúe operarios, auxiliares, etc. soen realizala quen non remata a  ESO pasa a básica similar ESA)
-Grao Medio, para maiores de 18 anos.
-Grao Superior
-Escolas Deportivas
-Artes plásticas e Deseño.

En canto a FP facer distinción entre:
a) Reglada que depende do Ministerio de Educación e as CCAA as cales poderán facer adaptacións dos ciclos. por esemplo na ORIENTACIÓN como unha rama especial dentro do Curso a desenrolar.
b) Sistema Formación para o Emprego. que é  a Formación ocupacional preferentemente para persoas desempregadas. Importante a páxina web : http://www.edu.xunta.es/fp/

Catálogo de Cualificacións Profesionais:

Importante en canto a compatibilidade cos Certificados de Profesionalidade:
SÍ---------LOXSE
NON----LOE

Igualmente destacar que cada vez máis dans cursos de FP a distancia por módulos en réxime adultos. Os presenciais son en réxime Ordinario.

Descubrimento da modalidade Dual da FP . Proxectos entre as empresas e centros educativos convocados anualmente. Boa opción para as empresas.

A Formación a promover e informar da súa existencia os traballadores é:
1- Ocupacional/alternanza. Os "famosos" AFD. Preferiblemente para os desempregados.
2- Persoas ocupadas.
3- Formación Programada para traballadores das empresas.
4- FUNDAE (A coñecida formación Tripartita).
5- Mixtos de Formación e Emprego. (Obradoiros, Escolas Taller, etc.).

Formación para persoas ocupadas:
-Sectorial
-Intersectorial
-Transversal

Ter en conta que non é o mesmo un FP que o Certificado de Profesionalidade. Con este último obtense a Acreditación Laboral cas Competencias. Debe quedar claro que non é un título. O expide a Autoridade Laboral. E vale para demostrar unhas competencias.

Pasos básicos para obter a acreditación das competencias profesionais son:
-solicitude do título no centro impartido.
-rexistro da Xunta do Certificado
-levar o Certificado a oficina de Emprego e unha espera aprox de dous anos.

Igualmente debemos clarificar o traballador sobre a estandarización das Cualificacións e que estas están compostas por as competencias que ten cada persoa.
As unidades de competencia son independentes, con códigos e criterios independentes, comunes a máis de unha cualificación e a súa importancia dos elementos que compoñen unha cualificación.
As Realizacións Profesionais son tareas e funcións.

Para a realización dunha Selección por Competencias pregúntase polas funcións realizadas, non polos títulos. Si a persoa está no entorno formativo, hay que traducir os criterios de realización.

Unidades de Competencia-------Módulos formativos
Realizacións profesionais--------Capacidades
Criterios de realización-----------Criterios de evaluación.

O recoñecemento das competencias profesionais pola experiencia da resultado a Acreditación Parcial ou FP Completo. Todo é un procedemento administrativo.

T.4 POLÍTICA SOCIAL DE EMPREGO EN EUROPA

Rede Eures, o FSE, FEAG, EASI, Eixe PROGRESS, EURAXES, AURYDICE, EUROPAS, EURES Transfronterizos son tod@s términos empregados dentro da Orientación Laboral a nivel Europeo dos cales algún son imprescindibles á hora de orientar a aqueles traballadores que non teñen inconveniente en sair fóra de España ou na frontera (Galicia-Portugal). E decir, practicar a movilidade europea sen alonxarse moito mediante a rede Eures Transfronterizos.

Tamén existe a opción de Eures no sector público con acceso mediante probas presenciais ou a "distancia". Poderánse ver as ofertas na páxina EPSO e rixe a normativa laboral de contratación do país destino.

O Europas nos axuda diante dos nosos seleccionadores e aglutina 5 documentos:
- CV Europeo
-Pasaporte de Linguas Europeas
-Movilidade Europass
-En un último e recente documento que é o Suplemento Europass o título máis o
-Suplemento Europass ao título Superior.

T.5 A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO CO MERCADO LABORAL.

É unha alternativa a ter en conta na búsqueda de empregoe da cal debemos ser informados. Se ben é certo cos inicios son duros, se temos unha boa idea e nos mantenemos o primeiro ano, o éxito do negocio pode lograrse.
En Galicia os trámites reducironse e as axudas o emprendedor aumentaron.
Tamén contar co emprendemento Social que inclúe Cooperativas, Fundacións, Asociacións, etc.

Para a creacción de empresas son necesarios tres elementos fundamentais:
. A idea
. A persoa emprendedora
. Plan de empresa
A hora de validar a idea hai que ter moi en conta o contorno empresarial, a estratexia, o mercado, qué tipo de mercado quero "montar", os custos, clientes os que me dirixo...para todo isto podémonos apoiar do método CANVAS :

https://wyoutubeww..com/watch?v=i1Le5GYkBT8


Fai clic na imaxen para agrandala.



Para idear unha empresa hai que ser creativos, innovador e poseer madeira de emprendedor.
Igualmente e beneficioso para o Orientador coñecer das características das persoas emprendedoras, a elaboración dun plan de empresa, do estudio de mercado, aspectos legais a ter en conta...

Todo o que se presenta nesta publicación é unha mínima parte dos coñecementos adquiridos neste módulo e de outros xa asentados pola experiencia adquirida como Orientadora Laboral, Prospectora e Asesora.
Debemos entender que a ACTITUDE de orientar debe levarnos cara un obxetivo, mediante as accións de escoitar, observar e rexistrar.


Neste blogue aporto experiencia como prospectora na provincia de Pontevedra co coñecemento do texido empresarial da zona, asesora na Oficina do Empregador en Vigo onde adquirín coñecementos necesarios para solicitude de axudas para a creacción de empresas máis coñecementos da Rede Eures, Orientadora e Técnico de Selección en diferentes entidades.

Para saber maís:
Axencia de Colocación de Santiago de Compostela
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)

IGAPE







Licencia de Creative Commons

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 3

Presentación profesional de @miriamhammett

REFLEXION PERSOAL SOBRE O PLE